Tõde ja õigus é un filme estoniano de 2019 dirixido por Tanel Toom. O filme é unha adaptación do primeiro volume da pentaloxía épica social de 1926–1933 do autor estoniano Anton Hansen Tammsaare. Foi escollido como candidato de Estonia para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios,[1][2] clasificándose na lista curta de decembro.[3] Recibiu o Premio Satellite ó mellor filme en lingua non inglesa, converténdose no segundo filme estoniano en conseguilo despois de Mandariinid.
Tivo un orzamento de 2,5 millóns de euros[4] e conseguiu unha recadación de 1,55 millóns de euros.[5] É o filme estoniano máis visto nos cinemas dende que o país obtivo a súa independencia.[6] Os xornalistas de cinema estonianos considerárono no ano 2019 o mellor filme do cinema estoniano.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas