Só se vive dúas veces (en inglés: You Only Live Twice) é un filme británico de espías e o quinto título da franquía James Bond producido por Eon Productions. Está protagonizado por Sean Connery que interpreta o papel do axente 007. O guión do filme foi escrito por Roald Dahl, e está vagamente baseado na novela homónima de Ian Fleming. É o primeiro filme de James Bond que desbotou o argumento orixinal de Fleming, empregando só uns poucos personaxes e localizacións do libro como contexto dunha historia completamente nova.
Estreouse en galego o 5 de agosto de 1999 na TVG.[1]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas