Só para os teus ollos (en inglés: For Your Eyes Only) é un filme de espías de 1981 e o décimo segundo filme da franquía James Bond en ser producido por Eon Productions. É o quinto filme da serie en estar protagonizado por Roger Moore, que interpreta o axente do MI6 James Bond. Supuxo o debut como director de John Glen, que traballara previamente como editor e director de segunda unidade noutros tres filmes de Bond.
O guión é obra de Richard Maibaum e Michael G. Wilson e mestura personaxes e elementos do argumento de dúas historias curtas de Ian Fleming, For Your Eyes Only e "Risico".
Personaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas