Sweet Lady é unha canción de rock composta por Brian May, guitarrista de Queen. A canción está incluída como a sexta pista do álbum A Night at the Opera, realizado en 1975.
No comezo da canción, apréciase o son moi persoal e especial da guitarra de Brian May, chamada Red Special.
Musical e literalmente é a canción predecesora de Tie Your Mother Down, que aparecería o ano seguinte no álbum A Day at the Races.
Roger Taylor lembra esta canción como a execución de batería máis difícil que lle tocou interpretar.