Surrogates é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Jonathan Mostow que se estreou no 2009.
Sinopse
Ambientada nun mundo futurista onde os humanos viven illados en interacción con robots, un policía (Bruce Willis) verase forzado a abandonar o seu fogar por primeira vez en anos para unha investigación. Todo comeza cando dous axentes do FBI (Bruce Willis e Radha Mitchell) son asignados para investigar o misterioso asasinato dun estudante universitario relacionado co home que participou na creación do fenómeno dos substitutos, que permiten á xente comprar versións perfectas de si mesmas -en boa forma, guapos, e controlados por control remoto-. Estas máquinas perfectas acaban asumindo os seus roles vitais, de modo que a xente pode experimentar a vida a través doutro comodamente sentados no sofá da súa casa.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas