Surat é unha importante cidade do estado de Guxarat, na costa occidental da India.
Situada á beira do río Tapi preto da súa desembocadura no Mar Arábigo, sitúase na ruta entre a capital do estado, Ahmedabad, ao norte e a megalópole de Mumbai, a uns 200 quilómetros ó sur.
Porto de renome dende época antiga, acadou o seu cénit co Imperio mogol nos séculos XVI e XVII. Despois deveu un centro da industria téxtil e o comercio de diamantes. Na actualidade é unha das urbes de máis rápido crecemento do país habendo duplicado a súa poboación dende o censo do 2001 (5.064.219h, 2011).