Super Size Me é un filme documental estadounidense de 2004 dirixido e protagonizado por Morgan Spurlock, un cineasta independente. O filme conta a experiencia de trinta días de Spurlock, dende o 1 de febreiro ó 1 de marzo de 2003, durante o a cal só comeu produtos de McDonald's. O filme recolle o drástico efecto que tivo no seu estilo de vida e no seu propio benestar físico e psicolóxico, e explora a influencia da industria da comida rápida, incluíndo en como explotan unha nutrición pobre para o seu propio beneficio.
O documental foi nomeado ó Oscar ó mellor documental na 77ª edición dos premios.[3] Como resposta ó éxito do filme, creouse un libro de banda deseñada por Dark Horse Comics con historias que ilustran casos de sustos sanitarios por mor da comida rápida.[4]
Spurlock estreou unha secuela, Super Size Me 2: Holy Chicken!, en 2017.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas