Está localizada nunha ampla baía do Mar Negro ao oeste de Xeorxia e serve como porto, estación ferroviaria e un lugar de descanso. É coñecida polas súas praias, sanatorios, spas de auga mineral e clima semitropical. Posúe un importante aeroporto, o Aeroporto Sukhumi Dranda. Contén unha gran cantidade de hoteis. Posúe xardíns botánicos históricos, establecidos en 1840. Ata 1992 era unha cidade multicultural, onde se falaban nove linguas diferentes. Na actualidade, a cidade está composta por un 56 % de abkhazos, un 17 % de rusos e un 13 % de armenios, segundo o censo de 2003.[1]