Subres é un lugar da parroquia de Santiso de Cornado no concello coruñés de Touro, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE[1], en 2018 tiña 45 habitantes (21 homes e 24 mulleres).
A temperatura media anual é de 12,6 °C. Nos meses máis cálidos a temperatura media é de 25,1 °C e nos meses máis fríos é de 3,20 °C. A precipitación media anual é de 1654 mm.[Cómpre referencia]
Un dos lugares máis atractivos de Subre é o hórreo de Furelos, con máis de cen anos de antigüidade e recentemente restaurado, que aínda hoxe segue sendo utilizado coa mesma función pola que foi feito; gardar o millo, mazás ou noces.
Lugares e parroquias
Lugares de Cornado
Parroquias de Touro
Notas