O StubHub Center, antes coñecido como The Home Depot Center, é un estadio multiúsos estadounidense situado na Universidade Estatal de California en Carson, California. Está situado aproximadamente a 16 km ao sur do centro da cidade dos Ánxeles. Con capacidade para 27.000 espectadores para fútbol e de 30.000 para fútbol americano, actualmente serve como estadio local para Los Angeles Galaxy da Major League Soccer (MLS) e Los Angeles Chargers da National Football League (NFL).
Historia
Inaugurado no ano 2003 co nome de The Home Depot Center, en 2013 mudou a súa denominación a StubHub Center.[1] Foi o segundo estadio da MLS designado especificamente para o fútbol. Actualmente o único equipo que xoga de local neste estadio é Los Angeles Galaxy, xa que os outros dous equipos que tamén o facían (Chivas USA e o equipo feminino, Los Angeles Sol) desapareceron. O estadio foi lugar de grandes acontecementos deportivos coma a final da Copa do Mundo feminina 2003, os MLS All-Star Game tamén en 2003 e en diversas ocasións foi sede da MLS Cup (6 veces)[2]. Ademais do foi sede de peleas de boxeo, das tres primeiras edicións do USA Sevens e no 2005 do USA Outdoor Track and Field Championships entre outros eventos. Tamén acolleu no seu interior concertos de grupos como Heroes del Silencio,[3] Green Day ou Linkin Park.
Panorámica do estadio
Durante a disputa da
MLS Cup en 2008
Véxase tamén
Ligazóns externas
Referencias
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2012. Consultado o 01 de setembro de 2015.
- ↑ https://gl.wikipedia.org/wiki/H%C3%A9roes_del_Silencio_Tour_2007