Soldado sen fortuna é unha curtametraxe de Roque Cameselle, estreada en 2001 e gravada en Betacam.
Enrique Fouce é un soldado que loitou co exército nacional na guerra civil española. En abril de 1939 regresa á súa vila natal na procura da súa muller, detida a carón do seu pai, e do seu fillo, acabado de nacer.
Logo de preguntar a Amancio Landín, xefe local da Falange, é informado de que a súa muller morreu tirada no mar, en Oia, logo de ser vexada e violada. Enrique é enviado ó cárcere.
En setembro de 1950 sae de prisión, e vai ó domicilio de don Amancio, que ocupa o posto de xuíz. Coñece ao seu fillo, da mesma idade que debería ter o seu, e descobre que é o seu propio fillo, secuestrado.
Véxase tamén
Ligazóns externas