Soldada republicana en Barcelona
Mural en homenaxe á obra situado en Pamplona (2022 ).
Soldada Republicana en Barcelona , tamén coñecida como Miliciana Republicana en Barcelona , é unha fotografía de Gerda Taro . Foi tomada en 1936 , ao comezo da guerra civil española .
Tras anos de esquecemento,[ 1] a fotografía converteuse en icona[ 2] mundial do compromiso das mulleres na guerra civil española .[ 3]
Presentación
A fotógrafa Gerda Taro , autora da instantánea.
A fotografía mostra unha miliciana republicana axeonllada no chan cunha arma[ 4] durante un adestramento na praia de El Somorrostro de Barcelona , no barrio de La Barceloneta .[ 5] Foi publicada por primeira vez no semanario francés Vu .[ 6]
Cun formato cadrado de 6 x 6 cm, a foto foi tomada coa Rolleiflex coa que Gerda Taro cubriu a guerra civil española en Cataluña .[ 7]
Escenario da fotografía
A praia de El Somorrostro , lugar onde se tomou a instantánea, atópase fronte o Hospital del Mar . O centro sanitario barcelonés colleu sona polo filme Todo sobre mi madre de Pedro Almodóvar (1999 ).[ 8]
O recinto, histórico no mundo da arte e da historia da guerra civil española , atópase adxacente ao Port Olímpic de Barcelona , nas inmediacións da escultura El Peix do arquitecto canadense Frank Gehry .
Notas
↑ Pedinielli, Michèle (26 de agosto de 2019). "Gerda Taro, photographe oubliée de la guerre d’Espagne" . RetroNews (en francés ) . Consultado o 17 de outubro de 2024 .
↑ Constant, Alain (25 de xuño de 2021). "«Sur les traces de Gerda Taro», sur France 5: la courte et intense vie d’une pionnière du photojournalisme" . Le Monde (en francés ) . Consultado o 17 de outubro de 2024 .
↑ Warlop, Juliette (25 de xuño de 2021). "Sur France 5: Gerda Taro, la photographe de guerre éclipsée par Robert Capa" . Télérama (en francés ) . Consultado o 17 de outubro de 2024 .
↑ Watling, Sarah (26 de xaneiro de 2023). "The unflinching gaze of Gerda Taro" . Apollo (en inglés ) . Consultado o 16 de outubro de 2024 .
↑ Ropert, Pierre (1 de agosto de 2018). "" Gerda Taro, c'est pire qu'un effacement, c'est sa disparition" " . Radio France (en francés ) . Consultado o 16 de outubro de 2024 .
↑ "En attendant Robert Capa" (en francés ) .
↑ Launay, Madeleine (26 de xullo de 2017). "Gerda Taro: la compagne de Capa sort de l’ombre" . Polka (en francés ) . Consultado o 16 de outubro de 2024 .
↑ Balistrou, Camélia (28 de agosto de 2022). "Sur les traces de Tout sur ma mère à Barcelone" . Equinox (en francés ) . Consultado o 17 de outubro de 2024 .
Ver tamén