A Sociedade foi creada polo Decreto 377/1991 do 19 de setembro aprobado polo Parlamento de Galicia. Constituíuse en novembro de 1991, coa intención de axilizar a execución do programa civil do Ano Xubilar Compostelán de 1993 baixo o nome "S. A. de Xestión do Plan Xacobeo 1993″. Tras o éxito do Xacobeo 93, o goberno galego acordou a continuidade desta empresa baixo a súa denominación actual, S. A. de Xestión do Plan Xacobeo co fin de seguir coas políticas de promoción do Camiño de Santiago, non só do Camiño Francés, por ser o itinerario xacobeo internacional de referencia, e que foi o seu obxectivo prioritario en 1993, senón tamén cos demais Camiños de Santiago en Galiza.
Os órganos de goberno e administración constitúenos a Xunta Xeral de Accionistas e o Consello de Administración, que está integrado por un mínimo de cinco e un máximo de sete conselleiros nomeados pola Xunta Xeral, sendo o seu Presidente o Conselleiro de Cultura. O Xerente é nomeado polo Presidente do Consello de Administración.
Fomento de actividades
Segundo os seus estatutos, o obxecto social da sociedade consiste no deseño, programación, coordinación e, se é o caso, a realización, entre outras, das seguintes actividades relacionadas co Xacobeo, que se executarán en coordinación coas Administracións Públicas competentes:
A conservación, rehabilitación e recuperación do Camiño.
A colocación de sinais de identificación.
A elaboración dos principios xurídicos para a súa protección que, para a súa aprobación, serán elevados ás administracións competentes.
A construción das áreas de descanso nos puntos de interese paisaxístico e monumental.
A dotación do Museo das Peregrinacións.
Simposios, congresos, xornadas e ciclos.
Exposicións itinerantes.
Representacións teatrais, concertos musicais, exposicións de artes plásticas.
A elaboración de unidades didácticas.
A promoción da artesanía e do deseño relacionados co Camiño de Santiago.
A promoción do Xacobeo, incluídas actividades de animación.
A produción cinematográfica audiovisual.
Patrocinios.
A xestión dos signos visuais.
Entre as iniciativas levadas a cabo pola Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo teñen especial relevancia as de alcance internacional. Exposicións, conferencias e encontros de todo tipo, certames turísticos e publicacións informativas e divulgativas, así como o fomento das relacións coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago en todo o mundo, son algúns dos proxectos máis destacados neste ámbito.
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo ten a súa sede moi preto do pórtico de entrada do Camiño de Santiago na cidade, no Pavillón de Galicia, no barrio de San Lázaro.
Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!