Sleater-Kinney

Sleater-Kinney
A banda en 2019 (Brownstein á esquerda e Tucker á dereita)
OrixePortland, Oregón, Estados Unidos
Período1995 - 2006
2014 - presente
Xénero(s)riot grrrl, rock alternativo, indie rock, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Chainsaw, Kill Rock Stars, Sub Pop, Mom + Pop Music, Loma Vista Recordings
MembrosCorin Tucker
Carrie Brownstein
Antigos membrosLaura Macfarlane
Toni Gogin
Misty Farrell
Janet Weiss
Artistas relacionadosWild Flag, Filthy Friends, St. Vincent, The Corin Tucker Band, Excuse 17, Heavens to Betsy
Na rede
sleater-kinney.com
IMDB: nm1594167 Facebook: SleaterKinney Twitter: sleater_kinney Instagram: sleater_kinney MySpace: sleaterkinney Youtube: UCBwIM0Lj7XkhOfZhBJ5qb2g Bandcamp: sleaterkinneySouncloud: sleater-kinney Spotify: 4wLIbcoqmqI4WZHDiBxeCB iTunes: 2819264 Last fm: Sleater-Kinney Musicbrainz: e36e78eb-3ace-4acd-882c-16789e700ab7 Songkick: 205161 Discogs: 218269 Allmusic: mn0000026164 Deezer: 1366 Genius: Sleater-kinney Editar o valor en Wikidata

Sleater-Kinney é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1995 en Olympia, Washington influenciada polo movemento riot grrrl dos anos 90. A banda trasladaríase posteriormente a Portland, Oregón. O nome do grupo deriva de Sleater-Kinney Road, unha rúa próxima a onde elas ensaiaban nos seus comezos en Lacey, Washington.

É un grupo destacable do movemento riot grrrl e indie rock do noroeste estadounidense, coñecido polas súas ideas feminismo e de esquerdas. O 27 de xuño de 2006 a banda anunciou a través da súa páxina web a súa separación por tempo indefinido. e en outubro de 2014 informaron de que publicarían un novo álbum no ano seguinte co título No Cities to Love e sairían de xira novamente.[1]

Traxectoria

Formación e primeiros anos

Sleater-Kinney foi formada a principios de 1994 en Olympia, Washington, por Corin Tucker e Carrie Brownstein. O nome do grupo deriva da estrada Sleater Kinney Road, en Lacey, Washington.[2] A banda emerxeu do movemento riot grrrl co seu primeiro álbum, Sleater-Kinney, editado por Chainsaw Records en 1995. Seguíronlle Call the Doctor (1996) e Dig Me Out (1997). En 1998 a banda gravou "Big Big Lights", o primeiro sinxelo compartido (con Cypher in the Snow) nunha serie de gravacións para unha asociación de mulleres tituladas Free to Fight, e editadas por Candy Ass Records. Os seus seguintes traballos achegaron á banda aos oíntes do mainstream, culminando en 2002 con One Beat. A banda, porén, permaneceu fiel ás súas raíces independentes e feministas. A maioría dos seus álbums dende Call the Doctor foron editados a través do selo independente Kill Rock Stars e o seu sétimo traballo, The Woods, foi editado pola Sub Pop.

Janet Weiss (de Quasi) tocou a batería dende Dig Me Out. Os anteriores baterías foron Lora Macfarlane (que aparece en Sleater-Kinney e Call the Doctor), Misty Farrell e Toni Gogin.

Tanto Brownstein como Tucker tocan a guitarra. Aínda que Sleater-Kinney non ten baixo, Tucker toca unha guitarra barítona, a miúdo facendo o mesmo papel que un baixo, e Brownstein afina a súa guitarra un ton máis baixo. Corin Tucker foi integrante da influente banda de riot grrrl Heavens to Betsy. Carrie Brownstein estivo na banda de queercore Excuse 17. Á parte de tocar con Sleater-Kinney, Tucker tamén foi membro da banda Cadallaca con Sarah Dougher (membro de The Lookers).

En 2000, as tres membros de Sleater-Kinney colaboraron con Robert Forster e Grant McLennan na agora desaparecida banda indie The Go-Betweens, participando na gravación de álbum The Friends of Rachel Worth.

Sleater-Kinney foi abreconcertos de Pearl Jam en moitos dos seus concertos en norteamérica a principios do 2003. A experiencia de tocar en grandes escenarios é citada pola banda como parte da inspiración e motivación do seu último traballo, The Woods. O álbum foi editado no ano 2005, e representou un cambio do son respecto aos seus traballos anteriores. Nel a banda aposta por un son máis denso, pesado e distorsionado que toma como inspiración o rock clásico.

Hiato

Carrie Brownstein

O 27 de xuño do 2006 a banda anunciou un hiato indefinido, dicindo que non tiñan plans para futuras xiras ou gravacións. O derradeiro gran concerto de Sleater-Kinney foi no festival de Lollapalooza dese ano, e a súa derradeira aparición foi no Crystal Ballroom en Portland, Oregón, o 12 de agosto.

Nunha entrevista o 17 de marzo do 2010, Carrie Brownstein dixo que Sleater-Kinney podería reunirse e editar un álbum nos seguintes cinco anos. Brownstein tamén anunciou que ela e Janet Weiss estaban formando unha nova banda, Wild Flag, xunto con Mary Timony e Rebecca Cole, anteriormente en The Minders.[3] O seu álbum de estrea Wild Flag publicouse o 13 de setembro de 2011 a través de Merge Records.[4] Cara ao ano 2014 o grupo estaba xa inactivo.[5][6]

Reforma

En outubro de 2014 revelouse que a banda gravara un novo álbum, No Cities to Love, publicado o 20 de xaneiro de 2015.[7] As compoñentes do grupo tamén anunciaron unha xira ese ano por Norteamérica e Europa occidental.[8] En 2014 o grupo publicou un box set con vinilos dos seus anteriores lanzamentos titulado Start Together.[9] Claire McKinzie, da revista BUST Magazine, dixo do lanzamento, "Coas súas letras feministas e esquerdistas, a relevancia hoxe en día de Sleater-Kinney é obvia. Mentres que algúns cantantes afástanse de ser etiquetados "feministas", Sleater-Kinney existe parcialmente para redireccionar a percepción que ten a sociedade do mundo".[10]

Corin Tucker

En xaneiro de 2017 a banda publicou o seu primeiro álbum ao vivo, Live in Paris, gravado en La Cigale o 20 de marzo de 2015.[11] En xaneiro de 2018 a banda dixo que estaba traballando no seu seguinte álbum de estudio, aínda que Brownstein comentou que "imos facelo lentamente".[12] En xaneiro de 2019 o grupo anunciou que o novo disco, producido por St. Vincent (Annie Clark), sería editado ese mesmo ano.[13]

En maio de 2019 Sleater-Kinney publicou unha nova canción, "Hurry on Home", xunto cun vídeo coas letras. O tema actuaría como principal sinxelo de The Center Won't Hold, editado no mes de agosto de 2019.

O 1 de xullo de 2019 Weiss anunciou a través da súa conta de Twitter que deixaba a banda dicindo que era "hora para min para seguir adiante".[14] A banda realizou o seu primeiro concerto sen Weiss no Hopscotch Music Festival o 5 de setembro, coa súa nova batería Angie Boylan.[15]

No mes de maio de 2021 Sleater-Kinney anunciou un novo álbum, Path of Wellness, que sería publicado o día 11 de xuño dese mesmo ano. O seu primeiro sinxelo, "Worry With You", apareceu o 11 de maio.[16]

En outubro de 2023 anunciouse que o seu seguinte álbum de estudio, Little Rope, sería editado o 19 de xaneiro de 2024 a través do selo Loma Vista Recordings.[17] O mesmo día tamén apareceu o seu primeiro sinxelo, "Hell", acompañado dun video musical.[18] O segundo sinxelo, "Say It Like You Mean It", lanzouse o 8 de novembro co seu correspondente video.[19]

O 19 de xaneiro de 2024 a banda editou o seu décimo primeiro álbum, Little Rope, a través do selo Loma Vista Recordings e con produción de John Congleton.[20]

Estilo musical

O estilo musical de Sleater-Kinney ten as súas raíces nas escenas do punk e do rock independente de principios a mediados dos 90 de Olympia, Washington, formadas ao redor dos últimos anos do movemento riot grrrl. Tanto Tucker como Brownstein viñan de bandas veteranas do principio do movemento. Aínda que as letras da banda trataban sobre distintos temas, estaban incluídas dentro do movemento riot grrrl debido a que apoiaban os ideais feministas. Sobre o tema da participación da banda en movementos políticos Carrie Brownstein citou, "Sleater-Kinney son o suficientemente valentes e fortes como para facer unha diferenza e correr a voz".[21]

O seu son incorpora temas persoais e sociais xunto con música minimalista influenciada polo punk e os ideais de libre pensamento do rock alternativo e indie dos 80 e 90. Experimentaron con esta base incorporando distintos instrumentos e arranxos.[22] Sleater-Kinney foi comparada con cantantes femininas como Siouxsie Sioux de Siouxsie and the Banshees,[23] Patti Smith e Poly Styrene de X-Ray Spex. Tamén nomearon como influencias a nomes como Bikini Kill, Mecca Normal, Bratmobile, Throwing Muses e Sonic Youth. A voz emotiva de Corin Tucker[24] e as letras da banda alternan entre o persoal e o político, rebelándose contra a guerra, o tradicionalismo, os roles de xénero e o consumismo dende unhas perspectivas feministas e progresivas.[25] Sleater-Kinney achegou a canción protesta "Off With Your Head" ao recompilatorio do líder de NOFX, Fat Mike, Rock Against Bush. En 2017 Sleater-Kinney achegou o sinxelo "Here We Come" a 7-Inches For Planned Parenthood, un recompilatorio de discos de 7" e descargas dixitais cuxos ingresos foron para Planned Parenthood.[26]

Nun documental sobre o riot grrrl, Tucker revelou que o seu estilo vocal sempre foi intencionadamente duro para encaixar coa mensaxe da banda e demandar a atencón dos oíntes,[27] e a súa voz foi descrita polo crítico de AllMusic Heather Phares como "voz que amas ou odias". Ao principio da carreira da banda as voces principais adoitaban a ser interpretadas porTucker, aínda que a medida que o grupo progresaba Brownstein comezou a aparecer máis como vocalista. Tanto Brownstein como Tucker tocan a guitarra, encargándose xeralmente Brownstein da solista e Tucker da rítmica. Aínda que Sleater-Kinney non ten baixista, Tucker e Brownstein afinan as guitarras un ton e medio máis grave (afinación Re♭), e o ton e estilo de Tucker lle permiten cumprir o mesmo papel que o dun baixista.

Discografía

Artigo principal: Discografía de Sleater-Kinney.

Álbums

Álbum Ano Selo
Sleater-Kinney 1995 Chainsaw Records
Call the Doctor 1996 Chainsaw Records
Dig Me Out 1997 Kill Rock Stars
The Hot Rock 1999 Kill Rock Stars
All Hands on the Bad One 2000 Kill Rock Stars
One Beat 2002 Kill Rock Stars
The Woods 2005 Sub Pop Records
No Cities to Love 2015 Sub Pop Records
The Center Won't Hold 2019 Mom + Pop Music
Path of Wellness 2021 Mom + Pop Music
Little Rope 2024 Loma Vista Recordings

Sinxelos

Notas

  1. "Sleater-Kinney Announces New Album, ‘No Cities To Love’". Consultado o 20 de outubro de 2014. [Ligazón morta]
  2. "500 Sleater Kinney Rd SE". 500 Sleater Kinney Rd SE. Consultado o 2021-04-17. 
  3. All songs considered (ed.). "Carrie Brownstein: 'I Have A New Band'". Consultado o 1 de outubro de 2016. 
  4. Jessica Hopper (2012). Spin, ed. "Wild Flag, Wild Flag". Consultado o 1 de outubro de 2016. 
  5. Marc Hogan (2013). Spin, ed. "Indie Rock Supergroup Wild Flag Are No More". Consultado o 1 de outubro de 2016. 
  6. Simon Vozick-Levinson (2014). Rolling Stone, ed. "Carrie Brownstein's Life After Punk". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2016. 
  7. Alex Young e Chris Coplan (2014). Consequence of Sound, ed. "Listen to Sleater-Kinney’s new song “Bury Our Friends”". Consultado o 1 de outubro de 2016. 
  8. Amy Phillips e Jenn Pelly (2014). Pitchfork, ed. "Sleater-Kinney Return! New Album No Cities to Love! 2015 Tour! "Bury Our Friends" Lyric Video!". Consultado o 1 de outubro de 2016. 
  9. "Sleater-Kinney: Start Together". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-14. 
  10. "Album Review: Sleater-Kinney | Start Together (Box Set)". bust.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-02. 
  11. "Friday Music News". www.kexp.org. Consultado o 2020-01-02. 
  12. "Sleater-Kinney Working on New Album". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-01-02. 
  13. "New Sleater-Kinney Album, Produced By St. Vincent, Confirmed For This Year". NPR.org (en inglés). Consultado o 2020-01-02. 
  14. Weiss, Janet (2019-01-07). "Big changes.pic.twitter.com/PWWHMWDLU9". @jazzzhand (en inglés). Consultado o 2020-01-02. 
  15. "Sleater-Kinney's new drummer is Angie Boylan (watch their first show together)". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2020-01-02. 
  16. Monroe, Jazz (2021-05-11). "Sleater-Kinney Announce New Album Path of Wellness, Share Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-10-19. 
  17. Ruiz, Matthew Ismael (2023-10-03). "Sleater-Kinney Announce New Album With Video for New Song “Hell”". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-11-08. 
  18. "Sleater-Kinney - Hell (Official Music Video)". Consultado o 2023-11-08. 
  19. "Sleater-Kinney - Say It Like You Mean It (Official Music Video)". Consultado o 2023-11-08. 
  20. Zoladz, Lindsay (2024-01-18). "Sleater-Kinney, Out of the Woods, for Better or Worse". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2024-02-15. 
  21. "Ms. Magazine Online". web.archive.org. 2013-04-04. Archived from the original on 04 de abril de 2013. Consultado o 2020-08-17. 
  22. "One Beat - Sleater-Kinney | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-08-17. 
  23. "All Hands On The Bad One | NME". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2005-09-12. Consultado o 2020-08-17. 
  24. "Dig Me Out - Sleater-Kinney | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-08-17. 
  25. "Sleater-Kinney | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-08-17. 
  26. "Stream The 7-inches For Planned Parenthood Compilation". Stereogum. 2017-10-19. Consultado o 2020-08-18. 
  27. Corin Tucker Interview (YouTube). 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Olenecamptus dominus Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Arthropoda Kelas: Insecta Ordo: Coleoptera Famili: Cerambycidae Subfamili: Lamiinae Tribus: Dorcaschematini Genus: Olenecamptus Spesies: Olenecamptus dominus Olenecamptus dominus adalah spesies kumbang tanduk panjang yang tergolong famili Cerambycidae. Spesies ini juga merupakan bagian dari genus Olenecamptus, ordo Coleoptera, kelas Insecta, filum Arthropoda, dan kingdom Animalia. Larva kumbang ini biasanya mengebor ke dalam ka...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أبريل 2017) C-295 Persuaderكاسا سي-295 بيرسوادير تظهر بطبقة دهان الحماية الاساسية تابعة لبحرية تشيلي خلال رحلة تجريبيةمعلومات عامةالنوع طائرة دوريةالتطوير والتصنيعالصانع كاس...

 

Political party in Australia National Party of Australia – Victoria LeaderPeter WalshDeputy LeaderEmma KealyPreceded byVictorian Farmers' Union (VFU)HeadquartersCollins Street, Melbourne, VictoriaYouth wingYoung NationalsIdeologyConservatism (Australian)AgrarianismPolitical positionCentre-rightNational affiliationFederal NationalColours    Green and yellowLegislative Assembly9 / 88Legislative Council2 / 40House of Representatives3 / 39(Victorian seats)Senate1 / 12(Vi...

Кубок Швеції 2014—2015 Подробиці Дата проведення 3 червня 2014 - 17 травня 2015 Кількість учасників 113 Призові місця  Чемпіон ІФК Гетеборг (7-й раз) Віцечемпіон Еребру СК Статистика Зіграно матчів 119 Забито голів 448 (3.76 за матч) ← 2013—2014 2015—2016 → Кубок Швеції з футболу 2014–2015 

 

Cet article est une ébauche concernant un phare, l’océan Atlantique et le Maine. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Phare de Indian IslandLe phare actuellement.LocalisationCoordonnées 44° 09′ 56″ N, 69° 03′ 40″ OLocalisation Rockport, comté de Knox, Maine  États-UnisHistoireMise en service 1875Désactivation 1934Patrimonialité Inscrit au NRHP ...

 

  此条目的主題是顏色名稱。关于電視劇,請見「緋紅 (電視劇)」。 緋紅色网页颜色#DC143CRGBB (r, g, b)(220, 20, 60)CMYH (c, m, y)(14, 92, 76)CMYKH (c, m, y, k)(0, 91, 73, 14)HSL (h, s, l)(348°, 83%, 47%)HSV (h, s, v)(348°, 91%, 86%)HWB (h, w, b)(348°, 8%, 14%)B:代表值域介於0~255之間H:代表值域介於0~100之間 注意事項 本條目的顏色值可能只是參考,並非共通標準。 本條目包含了使用顏色...

2015 Indian film directed by Nishikant Kamat For the original film made in Malayalam that was released in 2013, see Drishyam. DrishyamTheatrical release posterDirected byNishikant KamatWritten byUpendra SidhayeStory byJeethu JosephBased onDrishyamby Jeethu JosephProduced byKumar Mangat PathakAjit AndhareAbhishek PathakStarringAjay Devgn Tabu Shriya Saran Ishita Dutta Mrunal Jadhav Rajat KapoorCinematographyAvinash ArunEdited byAarif SheikhMusic bySongs:Vishal Bhardwaj[1][2]Sco...

 

This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Estonia at the Olympics – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2022) (Learn how and when to remove this template message) Sporting event delegationEstonia at theOlympicsIOC codeESTNOCEstonian Olympic CommitteeWebsitewww.eok.ee (in Estonian)MedalsRanked 51st...

 

American singer, musician and songwriter (born 1964) Eddie VedderVedder in 2018BornEdward Louis Severson III (1964-12-23) December 23, 1964 (age 58)Evanston, Illinois, U.S.Occupations Singer musician songwriter Years active1988–presentSpouses Beth Liebling ​ ​(m. 1994; div. 2000)​ Jill McCormick ​(m. 2010)​ Children2Musical careerGenres Alternative rock[1] grunge[2] folk rock[3] In...

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada November 2022. Artikel atau sebagian dari artikel ini mungkin diterjemahkan dari List of accolades received by Coco (2017 film) di en.wikipedia.org. Isinya masih belum akurat, karena bagian yang diterjemahkan masih perlu diperhalus dan disempurnakan. Jika Anda mengu...

 

Street in Perth, Western Australia Hay StreetWestern AustraliaHay Street Mall, the pedestrian mall between Barrack Street and William StreetGeneral informationTypeRoadLength7.6 km (4.7 mi)[1]Route number(s) State Route 65 (Subiaco, Jolimont)Major junctionsEast end The Causeway (State Route 5) Adelaide Terrace Riverside Drive (State Route 5)   Plain Street (State Route 65) Barrack Street (State Route 53) William Street (State Route 53) Mitchell Freeway (St...

 

Nickname for areas of the southern United States which has strong or violent tornadoes This article needs attention from an expert in Severe weather. The specific problem is: It's not a distinct area so much as has regional character among same broad tornadic region as Tornado Alley, both are colloquial and not scientific terms. WikiProject Severe weather may be able to help recruit an expert. (October 2022) Dixie Alley is a colloquial term sometimes used for areas of the southern United Stat...

У слова «рафинирование» есть и другие значения: см. Рафинирование (значения). Соотношение равновесных концепций решения. Стрелками обозначено направление от рафинирований к менее требовательным концепциям Концепцией решения (англ. solution concept) в теории игр называют фор...

 

Austrian figure skater Felix KasparWorld Champion Felix Kaspar together with child prodigy and later European Champion Eva Pawlik (The Fairy Tale Of The Steady Tin Soldier, Vienna 1937)Born(1915-01-14)January 14, 1915DiedDecember 5, 2003(2003-12-05) (aged 88)Figure skating careerCountry Austria Medal record Representing  Austria Men's Figure skating Olympic Games 1936 Garmisch-Partenkirchen Singles World Championships 1937 London Singles 1938 Berlin Singles 1936 Paris Singles E...

 

2023 film by James C. Strouse Love AgainTheatrical release poster with original release dateDirected byJames C. StrouseWritten byJames C. StrouseBased on SMS für Dichby Andrea WillsonMalte WeldingKaroline HerfurthSophie KlugeAnike Decker SMS für Dichby Sofie Cramer[1] Produced by Basil Iwanyk Erica Lee Esther Hornstein Starring Priyanka Chopra Jonas Sam Heughan Celine Dion CinematographyAndrew DunnEdited byJesse GordonMusic byKeegan DeWittProductioncompanies Screen Gems 2.0 Entertai...

This article uses bare URLs, which are uninformative and vulnerable to link rot. Please consider converting them to full citations to ensure the article remains verifiable and maintains a consistent citation style. Several templates and tools are available to assist in formatting, such as reFill (documentation) and Citation bot (documentation). (September 2022) (Learn how and when to remove this template message) Human settlement in EnglandFindon ValleyThe Gallops, Findon ValleyFindon ValleyL...

 

2016 film PartingFilm posterDirected byNavid MahmoudiWritten byNavid MahmoudiStarringReza Ahmadi Fereshteh Hosseini Behrang Alavi Nazanin BayatiCinematographyKoohyar KalariEdited byJamshid MahmoudiMusic bySahand MahdizadehProductioncompanyAseman Parvaz FilmDistributed byDreamLab FilmsRelease dates 9 September 2016 (2016-09-09) (Afghanistan) 9 October 2016 (2016-10-09) (BIFF) Running time78 minutesCountriesAfghanistanIranLanguagesPersianDari Parting is a 2...

 

Sukanya Roy, juara Scripps National Spelling Bee 2011. Scripps National Spelling Bee 2011 adalah kompetisi mengeja yang diselenggarakan pada tanggal 31 Mei sampai 2 Juni 2011 di Gaylord National yang terletak di Oxon Hill, Maryland, dekat Washington, D.C.. Sukanya Roy keluar sebagai juara setelah mengeja cymotrichous dengan benar, mengalahkan Laura Newcombe dan 274 peserta lainnya. Kompetisi ini merupakan salah satu edisi terpanjang dalam Scripps National Spelling Bee, dengan menyisakan 20 pu...

  Lepanthopsis comet-halleyi Lepanthopsis comet-halleyiTaxonomíaReino: PlantaeSubreino: TracheobiontaDivisión: MagnoliophytaClase: LiliopsidaSubclase: LiliidaeOrden: AsparagalesFamilia: OrchidaceaeSubfamilia: EpidendroideaeTribu: EpidendreaeSubtribu: PleurothallidinaeGénero: LepanthopsisSubgénero: MicrolepanthesEspecie: Lepanthopsis comet-halleyiLuer 1991[editar datos en Wikidata] Lepanthopsis comet-halleyi es una especie de orquídea epífitas.[1]​ Es originaria de C...

 

2017–18 concert tour by James Blunt The Afterlove TourTour by James BluntPromotional poster for the tourAssociated albumThe AfterloveStart date12 October 2017 (2017-10-12)End date15 September 2018 (2018-09-15)Legs6No. of shows85 in Europe7 in South America9 in Australasia9 in Asia110 TotalJames Blunt concert chronology Moon Landing World Tour(2014–15) The Afterlove Tour(2017–18) The Afterlove Tour[1] is the fifth concert tour by British recording ar...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!