Siro Montenegro López, nado en Moaña o 25 de xuño de 1818 e finado en Lugo o 6 de abril de 1889, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Francisco Montenegro Arias, terratenente de San Xiao de Mos (Castro de Rei), e Josefa López Bustillo Obregón, naceu no Pazo do Rosal de Moaña. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1840 e exerceu como avogado en Lugo dende 1842. Foi alcalde de Lugo de 1852 a 1853 e novamente de 1867 a 1868.
Vida persoal
Casou con Pilar Saavedra Costas, e foi pai de Amador Montenegro Saavedra.
Véxase tamén
Ligazóns externas