Sirin |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | Sirin |
---|
Director | Senad Šahmanović |
---|
Guión | Claudia Bottino Senad Šahmanović |
---|
Intérpretes | Danica Curcic May-Linda Kosumovic Jelena Simic |
---|
Música | Ivan Marovic |
---|
Fotografía | Aleksandar Jakonic |
---|
Montaxe | Tomislav Pavlic |
---|
Estrea | 2023 |
---|
Duración | 90 minutos |
---|
Orixe | Montenegro |
---|
Xénero | Drama |
---|
Na rede |
---|
|
Sirin é un filme montenegrino de 2023 dirixido por Senad Šahmanović. Foi escollido como candidato de Montenegro para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
A trama segue a Nathalie, que abandonou a antiga Iugoslavia inmediatamente despois do comezo das guerras dos noventa. Como moitas outras persoas desta zona, emigrou ao estranxeiro na procura dunha vida mellor e dun futuro máis seguro. Despois de varios anos no estranxeiro, querendo adaptarse plenamente á vida nun novo ambiente, desexaba cambiar a súa identidade e borrar as súas orixes. Porén, unha herdanza dunha anciá rica que non tiña familia lévaa de regreso ao seu país de orixe, Montenegro.
Personaxes
- Danica Curcic como Nathalie
- May-Linda Kosumovic como Valerie
- Jelena Simic como Jasmina
- Marko Bacovic como Andrija Djurdjevic
- Jasna Djuricic como muller de Andrija
- Izudin Bajrovic como o alcalde
- Lidija Kordic como recepcionista do hotel
Notas
Véxase tamén
Outros artigos