"Sing Little Birdie"
Sinxelo de Pearl Carr e Teddy Johnson
Lanzamento
1959
Formato
Disco de vinilo 7"
Gravada
1959
Xénero musical
Pop
Lingua(s)
Inglés
Duración
Discográfica
Columbia Records
Produtor(es)
Escritor(es)
Stan Butcher (música) Syd Cordell (letra)
Miscelanea
{{{miscelanea}}}
«Sing Little Birdie » (en galego : «Canta, pequeno paxariño») é unha canción composta por Stan Butcher e interpretada en inglés por Pearl Carr e Teddy Johnson .[ 1] Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Columbia Records .[ 2] Foi elixida para representar ao Reino Unido no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-la final nacional británica, Eurovision Song Contest of 1959 - British Finals .[ 3] [ 4]
Festival de Eurovisión 1959
Pearl Carr e Teddy Johnson , intérpretes da canción, en 1962.
Selección
«Sing Little Birdie» cualificouse para representar ao Reino Unido no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional británica, Eurovision Song Contest of 1959 - British Finals .[ 3]
No festival
A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada polos cantante británicos Pearl Carr e Teddy Johnson .[ 4] A orquestra foi dirixida por Eric Robinson .[ 5]
Foi interpretada en décimo lugar, seguindo a Austria con Ferry Graf interpretando «Der k. und k. Kalypso aus Wien » e precedendo a Bélxica con Bob Benny interpretando «Hou toch van mij ». Ao final das votacións, a canción recibiu 16 puntos, obtendo o segundo posto de 11.[ 6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos