Simon Ove Christian Oglivie Spies, coñecido como Simon Spies, nado o 1 de setembro de 1921 e finado o 16 de abril de 1984, foi un magnate dinamarqués de sona, acadada ao ser pioneiro nos voos charter coa compañía Spies Rejser, hoxe propiedade de MyTravel, e que comezou cos voos de liña entre Escandinavia e Mallorca. Spies Rejser foi fundada en 1956 e pronto acadaría grande éxito, así como tamén o fixo o seu competidor, Tjæreborg.
Véxase tamén
Ligazóns externas