A sima de Aradelas é unha cova natural situada na parroquia de Esperante, no concello de Folgoso do Courel. É a cova máis profunda de Galicia,[1] e a súa parte máis profunda atópase asolagada por augas subterráneas formando unha lagoa.[2] Desta sima tomou o seu nome o club espeleolóxico vigués Espeleo Club Aradelas.
Historia
A cova é coñecida dende tempo inmemorial polos veciños pero non foi explorada cientificamente ata 1972 nos que se chegou ata os primeiros 120 m da cavidade. Máis tarde, en sucesivas campañas atopáronse novos pozos e galerías, e en 1991, a chamada Sala Monforte. Unha nova exploración no ano 2024 descubriuse unha nova entrada (denominada Cova Emilio), así como 2,2 km de galerías adicionais, así como a lagoa que ocupa o fondo da sima á que chamaron Hydra.[3]
Xeoloxía
Aradelas insírese no complexo xeolóxico do Courel. Nesta cova atópanse numerosos elementos ou espeleotemas como estalactitas, estalagmitas ou gours.
Notas