Silvio Torres Díaz

Modelo:BiografíaSilvio Torres Díaz
Biografía
Nacementoc. 1913 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (22/23 anos)
Ourille, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, chofer Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsSalud Torres Díaz Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11050

Silvio Torres Díaz, nado en Ourense cara a 1913 e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

Irmán de Salud Torres Díaz. Chofer en Ourense, no Couto. Militante do PCE. Foi detido en abril de 1933 xunto con José Romualdo Iglesias por opoñerse a un desafiuzamento na rúa Dous de Maio.[1] Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en outubro xunto coa súa irmá Salud por repartir panfletos instando aos soldados á rebelión.[2] Volveu ser detido a principios de novembro como medida preventiva ante os rumores de folga.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado o 29 de agosto con Julio González Álvarez, Amadeo López Bello e Eloy Romero Luis e o seu cadáver apareceu en Poza das Ras (Ourille).

Notas

  1. Galicia, 11-4-1933, p. 2.
  2. Galicia, 21-10-1934, p. 1.
  3. Galicia, 8-11-1934, p. 1.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!