Silvestre García López, coñecido como Chimeneas, nado en Cabañas Raras o 31 de decembro de 1923 e finado na Rúa o 27 de agosto de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
Tivo problemas cun veciño do seu concello informante da Garda Civil que denunciara varios puntos de apoio da guerrilla. En 1947, despois de dispararlle ao veciño, uniuse a Odilo Fernández Rodríguez "Blas" na guerrilla de Manuel Girón Bazán en 1947 na provincia de Ourense. Ambos incorporáronse o ano seguinte ao grupo de Mario Rodríguez Losada "Pinche". Na primavera de 1949, despois dos reveses na zona de Chavaga e Vilasinde, formou parte dun grupo que incluía a Silverio Yebra Granja "Atravesado", Manuel Zapico Terente "Asturiano", Pedro Juan Méndez "Jalisco", Augusto Diéguez Yáñez "Rubio", Roberto López Rodríguez "Virnes" e Odilo Fernández Rodríguez "Blas", que marcharon ao Bierzo instalándose na Cabrera onde varios deles se incorporaron ao grupo de Manuel Girón Bazán. Logo da traizón dun enlace, foi asasinado pola Garda Civil o 27 de agosto de 1951 en Fontei (A Rúa) xunto con Augusto Diéguez Yáñez .
Véxase tamén
Bibliografía