Este artigo amosa letras cherokees. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O silabario cherokee[3] é un silabario inventado por Sequoyah para escribir a lingua cherokee a finais da década de 1810 e comezos de 1820. A súa creación deste sistema de escrita é particularmente notoria xa que non era quen de ler nin escribir. Nun primeiro momento experimentou con logogramas, pero o seu sistema evolucionou no silabario.
Descrición
Cada símbolo representa unha sílaba e non un fonema. Os 85 caracteres do silabario cherokee ofrecen un método axeitado de escritura para a súa lingua. Aínda que algúns símbolos aseméllanse ás letras do alfabeto latino, os sons son completamente diferentes (a forma da letra cherokee que corresponde ó son da nosa "a" parécese á letra "D" maiúscula latina, por exemplo). Sequoyah tiña visto a lingua inglesa escrita, pero non sabía como escribila.
Bender, Margaret. 2002. Signs of Cherokee Culture: Sequoyah's Syllabary in Eastern Cherokee Life. Chapel Hill: University of North Carolina Press.
Bender, Margaret. 2008. Indexicality, voice, and context in the distribution of Cherokee scripts. International Journal of the Sociology of Language 192:91–104.