Show Me a Hero é unha miniserie de televisión estadounidense creada por David Simon e William F. Zorzi, e dirixida por Paul Haggis. A historia está baseada en feitos reais recollidos no libro homónimo da xornalista do The New York Times, Lisa Belkin. Os seis capítulos estreáronse na HBO do 16 ao 30 de agosto de 2015. De forma simultánea, en España foron emitidos por Canal + Series.
A serie está ambientada na cidade de Yonkers (Nova York) dende 1987 ata 1993. O alcalde Nick Wasicsko ten que acatar unha orde xudicial pola que deberán construírse vivendas protexidas nos barrios de clase media para a xente sen recursos, na súa maioría de raza negra. Os intentos de eliminar a segregación racial existente xerarán tensións entre as diferentes comunidades e os políticos locais. A través dun elenco de actores coral, móstrase a evolución cronolóxica do proxecto e como os conflitos sociais, raciais e políticos afectan á vida cotiá.
Personaxes
- Nick Wasicsko (Oscar Isaac), candidato á alcaldía de Yonkers.
- Oscar Newman (Peter Riegert), arquitecto e impulsor do plan de disgregación de Yonkers.
- Doreen Henderson (Natalie Paul), moza de Schlobohm.
- Nay Noe (Carla Quevedo), dona de Nick Wasicsko.
- Carmen Febles (Ilfenesh Hadera), nai solteira da República Dominicana e residente nos barrios marxinais.
- Norma O'Neal (LaTanya Richardson), asistente social cunha minusvalía visual.
- Hank Spallone (Alfred Molina), político de Yonkers contrario a cumprir a sentenza xudicial.
- Michael Wasicsko (Josh Salatin), irmán de Nick.
- Anne Wasicsko (Angela Pietropinto), nai de Nick.
- Jim Surdoval (Michael Stahl-David), asesor político de Nick Wasicsko.
- Mary Dorman (Catherine Keener), veciña do barrio Este e activista do movemento Save Yonkers.
- Billie Rowan (Dominique Fishback), adolescente dos barrios marxinais.
- Vinni Restiano (Winona Ryder), política de Yonkers.
- Michael H. Sussman (Jon Bernthal), avogado da NAACP e defensor da disgregación.
- Leonard B. Sand (Bob Balaban), xuíz que falla a favor da disgregación de Yonkers.
- Angelo Martinelli (Jim Belushi), alcalde de Yonkers.
- Robert Mayhawk (Clarke Peters), asesor veciñal do realoxo das vivendas sociais.
Bibliografía
Véxase tamén
Ligazóns externas