Sergio Mattarella

Modelo:BiografíaSergio Mattarella

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Palermo (Italia) Editar o valor en Wikidata
Presidente de Italia
3 de febreiro de 2015 –
← Giorgio Napolitano
Xuíz do Tribunal Constitucional de Italia
11 de outubro de 2011 – 2 de febreiro de 2015
Deputado da República Italiana
21 de abril de 2006 – 28 de abril de 2008
Lexislatura: 15th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
26 de maio de 2001 – 27 de abril de 2006
Lexislatura: 14th Legislature of Italy (en) Traducir
Italian Minister of Defence (en) Traducir
26 de abril de 2000 – 11 de xuño de 2001
← Sergio MattarellaAntonio Martino →
Membro do gabinete: Amato II Cabinet (en) Traducir
Italian Minister of Defence (en) Traducir
22 de decembro de 1999 – 26 de abril de 2000
← Carlo ScognamiglioSergio Mattarella →
Membro do gabinete: D'Alema II Cabinet (en) Traducir
Vice President of the Council of Ministers of Italy (en) Traducir
21 de outubro de 1998 – 22 de decembro de 1999
Membro do gabinete: D'Alema I Cabinet (en) Traducir
Deputado da República Italiana
6 de maio de 1996 – 29 de maio de 2001
Lexislatura: 13th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
12 de abril de 1994 – 8 de maio de 1996
Lexislatura: 12th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
15 de abril de 1992 – 14 de abril de 1994
Lexislatura: 11th Legislature of Italy (en) Traducir
Italian Minister of Education (en) Traducir
22 de xullo de 1989 – 27 de xullo de 1990
← Giovanni GalloniGerardo Bianco →
Membro do gabinete: Andreotti VI Cabinet (en) Traducir
Italian Minister for Parliamentary Relations (en) Traducir
13 de abril de 1988 – 21 de xullo de 1989
Membro do gabinete: De Mita Cabinet (en) Traducir
Italian Minister for Parliamentary Relations (en) Traducir
29 de xullo de 1987 – 12 de abril de 1988
Membro do gabinete: Goria Cabinet (en) Traducir
Italian Minister for Parliamentary Relations (en) Traducir
28 de xullo de 1987 – 29 de xullo de 1987
Membro do gabinete: Goria Cabinet (en) Traducir
Italian Minister for Parliamentary Relations (en) Traducir
28 de xullo de 1987 – 22 de xullo de 1989
← Gaetano Gifuni (en) TraducirEgidio Sterpa →
Deputado da República Italiana
25 de xuño de 1987 – 22 de abril de 1992
Lexislatura: 10th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
7 de xullo de 1983 – 1 de xullo de 1987
Lexislatura: 9th Legislature of Italy (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio do Quirinale Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico romano e catolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza
Universidade de Palermo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e dereito Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, avogado, xuíz Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Palermo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocracia Cristã (pt) Traducir (valor descoñecido–1994)
Partido Democrático (2007–2009)
A Margarida (2002–2007)
Partido Popular Italiano (pt) Traducir (1994–2002) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarForças Armadas da Itália (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarisa Chiazzese (–2012) Editar o valor en Wikidata
FillosBernardo Giorgio Mattarella, Laura Mattarella Editar o valor en Wikidata
PaisBernardo Mattarella Editar o valor en Wikidata  e Maria Buccellato Editar o valor en Wikidata
IrmánsPiersanti Mattarella
Antonino Mattarella Editar o valor en Wikidata
ParentesLauro Chiazzese, sogro Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webquirinale.it… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm12104732 Editar o valor en Wikidata

Sergio Mattarella, nado en Palermo o 23 de xullo de 1941, é o actual presidente de Italia, cargo que ocupa dende o 31 de xaneiro de 2015. É o primeiro siciliano nomeado presidente do país.

Traxectoria

Orixes

É fillo do ministro democristián e antifascista Bernardo Mattarella e irmán de Piersanti Mattarella, presidente do Goberno Rexional de Sicilia asasinado en 1980 pola Mafia. Licenciado en Dereito na Universidade de Roma La Sapienza e docente de Dereito parlamentario na Universidade de Palermo.

É viúvo dende 2012, cando faleceu a súa muller, Marisa Chiazzese. Con ela foi pai de tres fillos: Laura (que asumiu a función de primeira dona), Francesco e Bernardo Giorgio.[1]

Carreira política

Comezou a súa carreira política na Democracia Cristiá. Electo deputado en 1983 e reelecto en 1987, foi ministro de Relacións co Parlamento entre 1987 e 1989, e logo, entre 1989 e 1990, ministro de Educación.[2] Ademais, foi o autor da lei electoral italiana, chamada "Mattarellum", vixente entre 1993 e 2005, que combinaba o voto maioritario en distritos uninominais e o voto proporcional.[3][4]

Logo dos escándalos de corrupción que afectaron aos partidos políticos italianos a principios da década de 1990, militou no Partito Popular Italiano, por cuxa coalición, L'Ulivo, foi electo deputado en 1994 e 1996. Foi vicepresidente do Consello de Ministros sendo primeiro ministro Massimo D'Alema entre 1996 e 1999, e ministro de Defensa entre 1999 e 2001.

Opositor a Silvio Berlusconi, foi un dos fundadores da Margherita, partido de centro esquerda que hoxe está inserto no Partido Democrático. Foi membro da Cámara de Deputados en todas as lexislaturas dende 1983 ata 2008. En 2009 foi designado membro do Consello da Presidencia de Xustiza Administrativa deixando de militar politicamente por iso.[5] Logo, en 2011 foi nomeado para o cargo de xuíz do Tribunal Constitucional.[6]

Presidente da República Italiana

Foi electo Presidente da República o 31 de xaneiro de 2015, con 665 votos sobre 1009 votantes[7], xurando o cargo o 2 de febreiro seguinte. Durante o seu mandato, Sergio Mattarella mediou en varias crises políticas. Deste xeito, en 2016, logo da dimisión de Matteo Renzi, logrou propor un goberno dirixido por Paolo Gentiloni,[8] e, en 2021, tras a fin do executivo de Giuseppe Conti, encomendou a formación dun a Mario Draghi.[9] Ademais, tamén tivo relevancia nas negociacións para formar goberno logo das eleccións parlamentarias de 2018.[10] Naquela altura o Movemento 5 Estrelas e a Liga Norte fixéronse socios de goberno, mais Sergio Mattarella vetou o nomeamento de Paolo Savona como ministro de Economía debido o seu euroescepticismo.[11] Esta acción foi criticada por algúns sectores do Movemento 5 Estrelas, que chegaron a formular un xuízo político ao presidente Mattarella; posteriormente cualificaron a idea como un "erro".[12][13]

Á fin do seu primeiro mandato era unha figura moi valorada pola opinión pública de Italia.[14][15]

Durante as eleccións presidenciais de 2022, ante falta de apoios doutros candidatos (entre os que soaron Silvio Berlusconi, Mario Draghi ou Andrea Riccardi),[16][17][18] comezou a formularse a reelección de Sergio Mattarella.[19] Aínda que semellaba que non era favorable á posibilidade de continuar no Quirinal, o consenso que espertaba o seu nome levaríao a reconsiderar a súa posición.[20][21] Deste xeito, o 29 de xaneiro de 2022, Sergio Mattarella foi reelecto Presidente da República.[22] Sumou 759 votos na oitava votación, sendo o segundo xefe do Estado italiano con máis apoio, só superado por Sandro Pertini en 1978 cando logrou 832.[23] O 3 de febreiro de 2022 xurou de novo ante o parlamento inaugurando o seu segundo mandato.[24]

Galería

Notas

  1. TG24, Sky. "Sergio Mattarella bis, rieletto presidente della Repubblica". tg24.sky.it (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  2. "Addio al maestro unico, così Mattarella cambiò la scuola". Corriere della Sera (en italiano). 2015-01-30. Consultado o 2022-01-29. 
  3. "riforma, de profundis". web.archive.org. 2015-09-27. Archived from the original on 27 de setembro de 2015. Consultado o 2022-01-29. 
  4. "Sartori: il " Mattarellum " e le idee sbagliate". web.archive.org. 2009-06-27. Archived from the original on 27 de xuño de 2009. Consultado o 2022-01-29. 
  5. "Giustizia: La Camera ha eletto i membri laici delle magistrature speciali - News 24 - L'Unione Sarda". web.archive.org. 2015-01-29. Archived from the original on 29 de xaneiro de 2015. Consultado o 2022-01-29. 
  6. "Il democratico Sergio Mattarella eletto a giudice della Consulta con un voto di scarto". Il Sole 24 ORE (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  7. "Mattarella eletto al Quirinale con 665 voti. "Pensiero a difficoltà e speranze dei cittadini"". la Repubblica (en italiano). 2015-01-31. Consultado o 2022-01-29. 
  8. informatici, Segretariato generale della Presidenza della Repubblica-Servizio sistemi. "Il Presidente Mattarella ha conferito l'incarico all'onorevole Paolo Gentiloni". Quirinale (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  9. "O Goberno de Mario Draghi en Italia toma posesión dos seus cargos". www.crtvg.es. Consultado o 2022-01-29. 
  10. informatici, Segretariato generale della Presidenza della Repubblica-Servizio sistemi. "Formazione del nuovo governo 2018". Quirinale (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  11. "Perché Mattarella ha detto 'no' a Paolo Savona". www.agi.it. Consultado o 2022-01-30. 
  12. online, Redazione (2018-05-27). "Di Maio: «Impeachment per Mattarella»". Corriere della Sera. Consultado o 2022-01-30. 
  13. "Il mea culpa di Luigi Di Maio: "Fu un errore chiedere l'impeachment di Mattarella"". la Repubblica (en italiano). 2020-04-21. Consultado o 2022-01-30. 
  14. Balmer, Crispian (2022-01-29). "Italy's Mattarella drops retirement plan, stays on as president". Reuters (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 
  15. "Sergio Mattarella: At 80, Italy president re-elected on amid successor row". BBC News (en inglés). 2022-01-29. Consultado o 2022-01-30. 
  16. Zapperi, Paolo Decrestina e Cesare (2022-01-22). "Silvio Berlusconi ha rinunciato alla candidatura al Quirinale". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  17. COLOMBO, ETTORE MARIA (1643086507818). "Draghi presidente della Repubblica: le condizioni del premier per Quirinale e governo". Quotidiano Nazionale (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-01-29. 
  18. TG24, Sky. "Chi è Andrea Riccardi, tra i nomi per l’elezione al Quirinale". tg24.sky.it (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  19. "Mattarella bis, c’è l’intesa dei leader di maggioranza: "Oggi sarà rieletto"". Corriere della Sera (en italiano). 2022-01-29. Consultado o 2022-01-29. 
  20. "Mattarella contro la sua rielezione". Il Post (en italiano). 2021-12-04. Consultado o 2022-01-29. 
  21. "Quirinale, intesa sul Mattarella bis. Intanto arriva la settima fumata nera". RaiNews (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  22. Online, Gianluca Mercuri e Redazione (2022-01-29). "Sergio Mattarella è stato rieletto presidente della Repubblica". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  23. "Quirinale, Mattarella rieletto presidente della Repubblica con 759 voti - Politica". Agenzia ANSA (en italiano). 2022-01-28. Consultado o 2022-01-29. 
  24. "Campás, canóns e avións para a toma de posesión de Matarella en Roma". G24. Consultado o 2022-02-05. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!