Serafín Alonso Veiga, nado en Chaín (Gondomar) o 27 de outubro de 1906,[1] e finado en Pontevedra en xullo de 1994, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Mestre en Cesantes, foi nomeado alcalde presidente da Comisión Xestora de Redondela en xaneiro de 1933, permanecendo no cargo ata marzo. En 1934 trasladouse a Beade. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936. Finou en Pontevedra en xullo de 1994 aos 87 anos.[2]
Vida persoal
Casou en Redondela coa tamén mestra Laureana Pérez Sousa, filla de Dositeo Pérez Sobrino, en 1927.[3]
Notas
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 112.
- ↑ La Voz de Galicia, Pontevedra, 30-7-1994, p. 36.
- ↑ Vida Gallega, 20-10-1927, p. 12.
Véxase tamén
Bibliografía
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-090-0.
Ligazóns externas