Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Seoane.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Arcos.
San Xoán de Seoane de Arcos é unha parroquia do concello do Carballiño, que fai fronteira entre este e o concello de Cea. Segundo o IGE en 2011 tiña 400 habitantes (192 homes e 208 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 480 habitantes.
Toponimia
O topónimo deriva do latín Sanctu(m) Iohanne(m), San Xoán.[2]
Xeografía
O lugar de máis interese da parroquia é Mouriz con barrios tan emblemáticos como a Fonte, o Outeiro ou Cima da Vila. O produto máis exportado desta aldea son as castañas, os cogomelos e a famosa auga de Mouriz. Mouriz foi no seu día parada obrigada na coñecida ruta dos arrieiros.
Patrimonio
- Igrexa de San Xoán de Seoane de Arcos, do século XVIII.
- Reitoral de Seoane de Arcos.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Seoane de Arcos
Parroquias do Carballiño
Notas
Véxase tamén
Outros artigos