Segunda mutación consonántica

O alto alemán subdivídese en alemán superior (verde) e alemán central (azul), que xa se distinguía do baixo alemán (amarelo). As isoglosas principais, a de Benrath e a de Speyer, están marcadas en negro.

A segunda mutación consonántica é un conxunto de modificacións fonéticas que afectaron ás consoantes do antigo alto alemán (actualmente coñecido simplemente como "alemán", ou "alemán estándar") separándoo do baixo alemán a través dunha isoglosa coñecida como liña Benrath. Apareceu tras as modificacións descritas polas leis de Grimm e de Verner (que se agrupan baixo o nome de "primeira mutación consonántica") entre os séculos IV e VIII. Afectou a case todo o léxico do momento, pero tamén a palabras posteriores.

O estudo destas modificacións é básico para a comprensión das especificidades fonéticas do alemán a respecto das outras linguas xermánicas.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!