Segunda Idade

A Historia de Arda
Anos Valianos

Anos das Lámpadas
Anos das Árbores
Anos do Sol

Idades dos Fillos de Ilúvatar
Batalla Final

A Segunda Idade é un período temporal do legendarium de J. R. R. Tolkien sobre o mundo ficticio de Arda. A historia de Arda debe interpretarse en sentido ficticio como a historia da Terra real.

A Segunda Idade comezou após o desterro de Morgoth ao Baleiro por parte dos Señores do Oeste liderados por Eönwë o Heraldo de Manwë.

Durou 3441 anos, e rematou coa caída de Sauron, derrotado pola Última Alianza de Elfos e Homes despois da ruína de Númenor.

Esta idade caracterizouse polo auxe de Númenor, o apoxeo de Sauron na Terra Media (que asistiu á creación dos Espectros do Anel), e as primeiras guerras dos Aneis entre Sauron e os Elfos.

Non existen apenas crónicas dos 3441 anos da Segunda Idade, ao contrario do acontecido coa Primeira Idade, amplamente recollida n'O Silmarillion, e a Terceira Idade, período no que se encadra O Señor dos Aneis. Alén das referencias á Segunda Idade contidas n' O Señor dos Aneis, outros escritos máis breves enchen parte do baleiro entre a caída de Morgoth ao final da Primeira Idade e a primeira derrota de Sauron, que marcou o comezo da Terceira Idade.

"A Historia dos Anos" do Apéndice B d'O Señor dos Aneis bosquexa os principais acontecementos da Segunda Idade, especialmente aqueles vencellados aos Aneis de Poder e aos sucesos e personaxes d' O Señor dos Aneis. O Apéndice A contén xenealoxías da casa real de Númenor, e varias das seccións de Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth tratan amplamente de Númenor e algúns dos seus reis. Existen outros escritos acerca desta idade, mais por mor da grande cantidade de relatos dos que só se dan indicios nas fontes existentes, a Segunda Idade segue a ter un carácter difuso.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!