Sedoheptulosa 7-fosfato
|
|
(2R,3R,4R,5S)-(2,3,4,5,7-Pentahidroxi-6- oxoheptil) dihidróxeno fosfato[1]
|
Identificadores
|
Número CAS
|
2646-35-7
|
PubChem
|
165007
|
ChemSpider
|
144663
|
MeSH
|
sedoheptulose+7-phosphate
|
ChEBI
|
CHEBI:15721
|
Imaxes 3D Jmol
|
Image 1
|
O=P(O)(OC[C@@H](O)[C@@H](O)[C@@H](O)[C@H](O)C(=O)CO)O
|
InChI=1S/C7H15O10P/c8-1-3(9)5(11)7(13)6(12)4(10)2-17-18(14,15)16/h4-8,10-13H,1-2H2,(H2,14,15,16)/t4-,5-,6-,7+/m1/s1 Key: JDTUMPKOJBQPKX-GBNDHIKLSA-NModelo:Stdinchicite
InChI=1/C7H15O10P/c8-1-3(9)5(11)7(13)6(12)4(10)2-17-18(14,15)16/h4-8,10-13H,1-2H2,(H2,14,15,16)/t4-,5-,6-,7+/m1/s1 Key: JDTUMPKOJBQPKX-GBNDHIKLBF
|
Propiedades
|
Fórmula molecular
|
C7H15O10P
|
Masa molecular
|
290,162 g/mol
|
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
|
A sedoheptulosa 7-fosfato [2][3] ou sedoheptulosa-7-fosfato é unha molécula do monosacárido sedoheptulosa fosforilada no carbono 7. Trátase dun azucre de sete carbonos (heptosa), cun grupo cetona no carbono 2 (é unha cetosa) e cun fosfato esterificado no carbono 7. No metabolismo actúa como intermediario da ruta da pentosa fosfato e nas plantas no ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese.
Na ruta da pentosa fosfato
A sedoheptulosa 7-fosfato intervén na fase non oxidativa da ruta da pentosa fosfato. Orixínase na reacción entre a ribosa 5-fosfato e a xilulosa 5-fosfato catalizada polo encima transcetolase, que dá lugar a sedoheptulosa 7-fosfato e gliceraldehido 3-fosfato.
ribosa 5-fosfato + xilulosa 5-fosfato → gliceraldehido 3-fosfato + sedoheptulosa 7-fosfato
Despois, o gliceraldehido 3-fosfato e a sedoheptulosa 7-fosfato reaccionan formando frutosa 6-fosfato e eritrosa 4-fosfato, en reacción catalizada pola transaldolase.
gliceraldehido 3-fosfato + sedoheptulosa 7-fosfato → frutosa 6-fosfato + eritrosa 4-fosfato
Na fotosíntese
Na fase rexenerativa do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese a sedoheptulosa 7-fosfato intervén nas seguintes reaccións [4]:
Orixínase a partir da sedoheptulosa 1,7-difosfato, que perde o fosfato do carbono 1 en reacción catalizada pola sedoheptulosa-1,7-bisfosfatase.
sedoheptulosa 1,7-difosfato → sedoheptulosa 7-fosfato + Pi
Despois, a sedoheptulosa 7-fosfato formada reacciona co gliceraldehido nunha reacción similar á da ruta da pentosa fosfato, pero en dirección inversa.
sedoheptulosa 7-fosfato + gliceraldehido 3-fosfato → ribosa 5-fosfato + xilulosa 5-fosfato
Notas
Véxase tamén