Schorndorf é unha cidade alemá, pertencente ao estado federal de Baden-Württemberg. Está situada a uns 30 km de Stuttgart e ten 38.281 habitantes (censo 2012), contando cunha densidade de poboación de 673 habitantes por km².
Xeografía
A cidade está situada na profundidade do val do Rems, ademais de estar rodeada polos montes Schurwald (ao sur), Berglen e Welzheimer (ao norte). Das montañas do norte veñen dous afluentes pequenos do Rems, o Schornbach e máis o Wieslauf. O Rems cruza Schorndorf do leste ao oeste deixando a cidade vella ao sur.
A cidade está formada pola Kernstadt (centro) e outros sete distritos ou barrios, que son Buhlbronn, Haubersbronn, Miedelsbach, Oberberken, Schlichten, Schornbach und Weiler/Rems. Estes barrios están subdivididos noutras zonas máis pequenas e coñecidas con outros nomes.
Goberno municipal
Nas eleccións municipais do 7 de maio de 2009, nas que houbo unha participación do 47,77%, os 32 escanos repartíronse da seguinte maneira: