Satamūt fīl-ʿišrīn (en árabe: ستموت في العشرين) é un filme sudanés de 2019 dirixido por Amjad Abu Alalal. Foi escollido como candidato do Sudán para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[1] sendo a primeira vez que o país se presenta nesta categoría,[2] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
O home santo dunha remota vila predí que un neno acabado de nacer morrerá cando teña vinte anos de idade.[3]
Personaxes
- Islam Mubarak como Sakina
- Mustafa Shehata como Muzamil de vello
- Moatasem Rashed como Muzamil de mozo
- Mahmoud Alsarraj como Sulaiman
- Bonna Khalid como Naiema de vella
- Talal Afifi como Alnour
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas