Sant Lluís é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 34,75 km² onde no ano 2020 vivían 6 735 habitantes. A vila diferénciase do resto de poboacións menorquinas en que foi fundada polos franceses, durante o seu breve dominio da illa, no século XVIII.
Etimoloxía
O nome do concello púxose en honra do reiLois XV de Francia, que reinaba na época da súa fundación.
Historia
Fundación
Sant Lluís é unha das vilas máis novas da illa. Foi fundada durante a breve estancia dos franceses en Menorca durante o século XVIII na zona antes coñecida como Garriga de Binifadet, ao sueste da illa. En honra ao reifrancésLois XV (e para deixar constancia da súa dominación) fundouse a vila. O 18 de abril de 1756, Domingo de Resurrección, na praia de Santandria desembarcaron doce mil soldados franceses ao servizo do mariscal de FranciaDuque de Richelieu, transportado nunha frota polo Almirante Galissonère. A expedición militar finalizou co asentamento do castelo de San Filipe e a rendición dos británicos. A idea de crear unha nova vila veu de agrupar os casaríos que se atopaban esparexidos pola zona sueste da xeografía menorquina, despois dos seus intentos errados doutros proxectos como o castelo de San Filipe de Maó.
O inicio das obras da vila deuse coa construción da igrexa no centro en 1761 con protestas dos propietarios das terras da Garriga, que reclamaban os seus dereitos como propietarios aos capataces franceses. Construíuse a igrexa en honra ao reifrancésLois IX. Ao ano seguinte, a corte francesa autorizou ao gobernador da illa, o conde de Lannion, a parcelación dos terreos adxacentes á igrexa para a construción de vivendas. A vila construíuse ao estilo neoclásico da épico, un trazado ortogonal, incluíndo os nomes das rúas (actualmente os nomes consérvanse en lembranza da fundación francesa).
Os franceses non puideron ver acabada a súa obra, xa que polo Tratado de París de 1763 tiveron que entregar a illa aos británicos, que volveron a a dominala.[1] No século XIX, Menorca volveu formar parte de España polo Tratado de Amiens de 1802, polo que os británicos devolvían a illa á coroa española. Sant Lluís estivo unido administrativamente a Maó, agás en períodos constitucionais do século XIX. Foi o 7 de xuño de 1904 cando pasou a ser un municipio de seu.
Primeira metade do século XX
Durante a primeira metade do século XX, Menorca estivo á marxe dos acontecementos mundiais, así como da primeira guerra mundial e a segunda guerra mundial. Pero a guerra civil española afectou a toda Menorca, que se mantivo fiel á República e recibiu bombardeos das forzas italianas. Sant Lluís non estivo á marxe de tood isto. Moitas persoas que viviron a época lembran con medo aqueles anos, sobre todo pola represión durante toda a ditadura. Durante aos anos seguintes, así como ocorreu en toda España, Sant Lluís tivo grandes problemas para subsistir. No período anterior á guerra civil, así como nos anos posteriores a esta, a principal actividade económica era o campo. A agricultura e a gandaría foron as principais actividades da vila e os seus arredores, sobre todo para o consumo local.
Democracia e actualidade
Coa instauración da democracia en España, Menorca tivo un gran pulo económico coa entrada do turismo á illa. Ata daquela, a diferenza das outras illas do arquipélago balear, Menorca por ser un lugar estratéxico militar, tíñao prohibido durante a ditadura. Sant Lluís beneficiouse moito disto. A expansión das urbanizacións como Punta Prima, S'Algar, Binibèquer Vell e Binissafúller, así como as vilas pesqueiras xa existentes como Alcalfar durante os últimos anos do franquismo e os anos seguintes, fixeron da vila e os seus arredores un punto turístico moi importante e cun gran potencial. Hoxe en día Sant Lluís está en constante crecemento demográfico e estrutural. A súa oferta turística e cultural é moi ampla.
Demografía
Evolución da poboación de Sant Lluís dende a década dos 50 ata agora:
O pleno do concello está constituído por 13 concelleiros e está presidido pola alcaldesa Carolina Marquès Portella do PSOE (4 concelleiros). O resto de concellarías ocúpanas Volem Sant Lluís (3), o PP (4), Proposta per les Illes (1) e Cidadáns-Partido da Cidadanía (1).[3]