San Román de Vilaestrofe é unha parroquia que se localiza no concello de Cervo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 238 habitantes (122 homes e 116 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 252 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 213 habitantes, sendo 106 homes e 107 mulleres.
Lendas
Cóntase que unha balea atemorizaba ós habitantes da Mariña lucense e, concretamente, ós mariñeiros que se dedicaban á caza de baleas do porto de San Cibrao (en Cervo). Cando o soubo o bispo de Mondoñedo, San Gonzalo, achegouse á praia onde nadaba a balea. Esta, ó velo chegar, acaroouse ata onde a profundidade non implicaba risco de varamento e bispo e balea puxéronse a falar. Cando remataron, o bispo bendixo ó animal, subiu a unha barca e achegouse onda a balea. A balea abriu a boca e o bispo penetrou nela, para saír ó pouco cunha imaxe da Virxe nas mans. É a Virxe de Vilaestrofe, que se conserva na igrexa de San Román de Vilaestrofe.
Lugares e parroquias
Fachada da igrexa parroquial de San Román Vilaestrofe, Cervo, Lugo.