Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
San Cosme.
San Cosme é un lugar da parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona, na comarca de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2015 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres).
Historia
Dende o século X ata o XVIII, asentouse nel un grupo de monxes eremitas relativos ó Mosteiro de Oia. Neste convento, nace a devoción de Baiona a San Cosme e San Damián. Nel soamente existía unha capela e unha casa das novenas, que servía de aloxamento ós monxes. Pero, debido á romaría tan popular ós santos e que levaba consigo estragos na capela, o bispado decidiu derruír a ermida e os monxes foron para o Mosteiro de Oia. Un dos restos da capela, era unha cruz de Malta de pedra que foi rescatada e posta na porta da casa reitoral da parroquia de Baredo. Máis tarde, o rexedor de Baiona pediu no século XIX as reliquias e o culto a San Cosme e San Damián, que aínda hoxe se veneran. [2]
Lugares e parroquias
Lugares de Baíña
Parroquias de Baiona
Notas