Salvados é un programa de televisión producido por El Terrat, emitido pola cadea laSexta e presentado por Gonzo. Estreouse o 24 de febreiro de 2008 como unha serie de programas especiais temáticos presentados por Jordi Évole. Co inicio da segunda tempada, o 19 de outubro de 2008, abandonou o seu carácter temático e pasou a emitirse semanalmente. O programa evolucionou dende uns inicios nos que o humor era unha das súas principais características até centrarse cada vez máis na información e nas reportaxes sobre temas de actualidade.
Historia e emisións
Primeira etapa
Na súa primeira etapa, emitiuse como unha serie de especiais co obxectivo de achegarse con humor e dun xeito fresco, atrevido e sen complexos a algúns dos acontecementos, institucións e hábitos máis arraigados da sociedade española, como a Igrexa, o fútbol, a televisión ou as touradas.[1] No transcurso desta primeira tempada emitiron os seguintes capítulos: Salvados por la campaña, Salvados por la iglesia, Salvados por la Eurocopa, Salvados por los toros, Salvados por la tele e Salvados por las vacaciones. Salvados por la campaña consta de dúas partes, emitidas respectivamente o 24 de febreiro e o 2 de marzo de 2008. Debido ó éxito de audiencia empezaron a gravar máis programas. Tres meses despois sae Salvados por la Iglesia, que tamén constaba de dúas partes. A mediados de xuño chega Salvados por la Eurocopa, en xullo, polos Sanfermines, chega Salvados por los Toros, primeiro programa que consta dunha soa parte. Posteriormente chegaría Salvados por la Tele, tamén dunha parte e finalmente Salvados por las Vacaciones, coa que conclúen a primeira tempada.
Segunda etapa
Trala renovación para unha segunda tempada na cadea, Salvados pasou a se converter nun programa de emisión semanal regular e deixou o seu carácter temático.[2] Nesta nova etapa, o programa mantivo algunhas seccións da primeira tempada, como as entrevistas en profundidade, pero tamén se engadiron outras novas.
Controversias
Premios
Audiencias
Os datos de audiencias corresponden ós ofrecidos por FormulaTV.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas