Salvador José Zapata, nado en Guísamo[1] (Bergondo) o 24 de decembro de 1781[2] e finado na Habana o 21 de abril de 1854,[2] foi un farmacéutico galego.[3]
Traxectoria
Emigrou a Cuba a comezos do século XIX e comezou a traballar de axudante nunha botica. Entre 1808 e 1812 estudou farmacia e acadou o título de mestre de farmacia, co que puido abrir o seu propio establecemento.[3]
Co tempo acadou unha pequena fortuna e cando finou, no seu testamento deixou tódalas súas pertenzas para facer escolas na cidade da Habana para nenos pobres sen ningunha distinción. Así comezaron as Escolas Zapata.[3]
O testamenteiro foi a Real Sociedad Económica de Amigos del País da Habana, que conseguiu que unha rúa levase o seu nome no seu recoñecemento e fixo un mausoleo no paseo central do cemiterio, obra do escultor Patricio Sirgado.[3] A primeira Escuela Zapata foi inaugurada en 1873, e en 1876 impartíronse clases a adultos.[4]
Tamén o pintor Miguel Melero fixo un retrato del en 1879 que se atopa entre os das figuras ilustres de Cuba na que fora sede da sociedade, e que despois pasou a ser o Instituto de Literatura y Lingüística.[3]
Notas
- ↑ Peña Saavedra, V. (2000): "As escolas de americanos en Galicia: Proxectos e realizacións na comarca de Ferrolterra". Cátedra: revista eumesa de estudios nº 7, ISSN 1133-9608, páx. 217-273.
- ↑ 2,0 2,1 Almanaque gallego, 1905 Arquivado 12 de novembro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Entrada "Salvador José Zapata", por Xosé Neira Vilas, na Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ "Instituciones docentes públicas en Cuba durante la Colonia: el caso de la SEAP", no blog Segunda Zafra, setembro de 2016 (en castelán).
Véxase tamén
Ligazóns externas