Francisco Salvador Dopazo Lapido, coñecido como Salvador da Mariña, nado en Padrón cara a 1910 e finado o 4 de xuño de 1948, foi un político galego.
Traxectoria
Xornaleiro veciño de Pazos de Iria. Foi detido por unha pelexa en Cruces en marzo de 1930.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión na causa 361/36 con Luis Villaverde Lapido, Rogelio Riveiro Aboy, Vicente Fuentes, Manuel Hermida Pintor, Ricardo Lorenzo Seoane, José Montes e 15 máis, foi condenado á pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua.
Cando saíu en liberdade foi enlace da guerrilla. Días despois do enfrontamento de Luou que lle custou a vida a catro guerrilleiros o 19 de maio de 1948, cando se dirixía a traballar en bicicleta, foi detido por dous gardas civís que o levaron ao cuartel de Iria. O seu cadáver apareceu no monte das Abelendas o 4 de xuño.[2]
Notas