Salazar Slytherin

Salazar Slytherin é un personaxe da serie Harry Potter escrita por J. K. Rowling. É un dos catro membros fundadores do Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, ademais de ser o fundador da casa deste colexio que leva o seu nome. É antepasado de Tom Morlov Riddle, posteriormente coñecido como Lord Voldemort. O nome do personaxe débese ao ditador portugués António de Oliveira Salazar. Rowling viviu en Porto, Portugal, onde ensinou inglés.

Traxectoria

Salazar Slytherin ten a habilidade de falar pársel, a lingua das serpes. En canto á política educativa de Hogwarts, tiña moi en conta a pureza de sangue e opinaba que unicamente os meigos de vello eran dignos de estudar maxia. Esta maneira de pensar sementou a discordia entre os catro magos, especialmente con Godric Gryffindor, inimizade que levou a Slytherin a abandonar o castelo. Non obstante, antes de marchar creou, ás costas dos outros, a Cámara dos Segredos, lugar onde encerrou un basilisco encargado de facer prevalecer a súa maneira de ve-la ensinanza e que posteriormente podería ser aberta por un descendente seu para levar a cabo esta vinganza.

Slytherin posuíu un medallón que se converteu nunha reliquia familiar que foi pasando pola súa liña xenealóxica, os Gaunt; máis tarde Voldemort convertería o medallón nun dos seus Horcrux.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!