O sake[1] (en xaponés: 酒) é unha bebida orixinaria do Xapón, que se obtén por fermentación do arroz. Neste país é máis coñecido como nihonshu (日本酒), ou 'licor xaponés', malia que o nome técnico preciso é seishu (清酒), que é o que se amosa nas botellas. Cunha graduación alcohólica comprendida entre 14° e 16°, adóitase servir quente ou morno en pequenas cuncas.
En Occidente é habitual referise ó sake como "viño de arroz", malia que o proceso de produción é máis semellante ó da cervexa que ó do viño, xa que se produce unha dobre transformación: do amidón en azucre, e do azucre en alcohol. En contraste do que ocorre coa cerveza, onde o azucre se obtén por un proceso de maltaxe previo á fermentación, no caso do sake e estas dúas transformacións prodúcense de xeito simultáneo.
Notas
↑Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
Kobayashi T, Abe K, Asai K, Gomi K, Uvvadi PR, Kato M, Kitamoto K, Takeuchi M, Machida M. (2007). "Genomics of Aspergillus oryzae". Biosci Biotechnol. Biochem.71(3):646–670.
Suzuki K, Asano S, Iijima K, Kitamoto K. (2008). "Sake and Beer Spoilage Lactic Acid Bacteria – A review". The Inst of Brew & Distilling; 114(3):209–223.
Uno T, Itoh A, Miyamoto T, Kubo M, Kanamaru K, Yamagata H, Yasufuku Y, Imaishi H. (2009). "Ferulic Acid Production in the Brewing of Rice Wine (Sake)". J Inst Brew. 115(2):116–121.