Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico

Modelo:BiografíaSabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Isabel de Portugal Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Isabel de Avis Editar o valor en Wikidata
24 de outubro de 1503 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 1539 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor en Wikidata
Emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico
1530 – 1539
← Bianca Maria SforzaAna da Hungria (pt) Traducir →
Raíña consorte de España
1526 – 1539
← Xoana de PortugalXoana de Portugal, Xermana de Foix → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuquesa de Borgoña
Raiña de Castilla
Raíña consorte de Aragón
Duquesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico (1526 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosFilipe II de España, María de Habsburgo, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico, Infante Fernando of Austria, Xoana de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
PaisManuel I de Portugal Editar o valor en Wikidata  e María de Aragón Editar o valor en Wikidata
IrmánsBeatriz de Portugal, Duquesa de Saboia
Maria de Portugal, Duquesa de Viseu
Fernando de Portugal, Duque da Guarda
Xoán III de Portugal
Henrique I de Portugal
Duarte de Portugal, 4.º Duque de Guimarães
Luís de Portugal, Duque de Beja
Miguel da Paz
Afonso de Portugal Editar o valor en Wikidata
ParentesFernando II de Aragón, avó materno
Isabel I de Castela, avoa materna Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:6, 10, p.169, 294) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Aviz-15 Find a Grave: 22911073 Editar o valor en Wikidata

Sabela de Portugal, nada en Lisboa o 24 de outubro de 1503 e finada en Toledo o 1 de maio de 1539,[1] foi filla do rei Manuel I e da raíña María de Aragón. Alcumabana "belísima", como proba o retrato pintado por Tiziano. Morreu de sobreparto, no Palacio de Fuensalida, en Toledo, estando sepultada no Panteón do Escorial.

Era irmá de Xoán III e do Cardeal-Rei Henrique. Intelixente e culta, creada no esplendor da máis rica corte europea do seu tempo, en Lisboa, na educación da emperatriz participaron tamén, por influencia de súa nai, Beatriz Galindo, la Latina e o humanista Luis Vives. Foi longamente rexente en nome de Carlos V, entre 1528 e 1533, primeiro, e de 1535 a 1538 novamente, mentres o marido se ausentou, en guerra.

Alén diso, tivo moita importancia en relación á educación do seu primoxénito, que viría a ser Filipe II de Habsburgo, de lingua materna portuguesa, creado e educado polas damas portuguesa de súa nai durante a infancia.

Casamento

O casamento fora negociado polo seu pai, D. Manuel I, que morrendo antes de finalizalo, deixouno recomendado en testamento ao seu sucesor no codicilo do 11 de decembro de 1521. Así, o 6 de outubro de 1525 era asinado en Torres Novas o contrato. A noiva levou por dote a exorbitante contía de 900 mil cruzados portugueses, ou dobras castelás. Carlos V, o seu noivo e seu curmán directo, era entón aínda só Carlos I, rei das Coroas de Aragón e Castela, duque da Borgoña e varios outros feudos: só catro anos despois será electo emperador do Sacro Imperio, tornándose xerarquicamente o máis alto soberano da Cristiandade, con xurisdición sobre a Alemaña e varios reinos e señoríos da Península Ibérica, Italia, Francia e Flandres, estendendo ao mundo a súa influencia política e o poder das súas armas; porén, como todos os soberanos do Renacemento, foi varias veces grazas a recorrer a grandes familias de banqueiros, como os Fugger, non só para financiar o seu acceso á coroa imperial, como tamén os seus proxectos político-militares. Por iso mesmo Carlos prometera, anteriormente, a Henrique VIII casar con súa filla, María, de quen igualmente era curmán directo, en 1522 (cando esta tiña só seis anos) - mais preferiu aceptar a consorte portuguesa, cuxa alianza e cuxo dote inmediato eran moito máis significativos na Europa do tempo, e lle traían a liquidez necesaria para a compra do trono imperial.

Así, a princesa casou en Almeirim, o 1 de novembro de 1525, co seu curmán Carlos, representado polo embaixador Carlos Popeto; e partiu en xaneiro de 1526 rumbo a Elvas con grande e rica comitiva. Cegado coa súa beleza, Carlos V deulle ao casar por nova divisa as tres grazas, tendo a primeira delas a rosa, símbolo da fermosura; a segunda o ramo de murta, símbolo do amor; e a terceira, a coroa de carballo, símbolo da fecundidade.

A morte e a lenda

Tendo a emperatriz falecido en Toledo, e estando nesa época o soberano en Granada, encargou este o futuro S. Francisco de Borja, un dos moitos apaixonados platónicos da bela emperatriz, da conducir até si a fin da sepultar. Chegados alí, ao abriren cerimoniosamente o caixón de D. Sabela, a fin de verificaren a identidade do rexio cadáver, a súa descomposición ía xa avanzada, destruíndo a fermosura da máis bela muller daquel tempo, segundo rezaban os literatos de entón. Segundo a lenda, perante a fedorenta visión do seu cadáver descomposto o aínda Duque de Gandia, casado coa portuguesa D. Leonor de Castro, unha das súas damas, e que tanto e tan longamente amara a emperatriz á distancia, xurou nunca máis servir a señor humano algún, virándose unicamente para o servizo divino; e ao enviuvar de D. Leonor, algúns anos despois, optará pola vida relixiosa ingresando na Compañía de Xesús. O novo padre Francisco de Borja foi o terceiro Xeral da Compañía, sendo despois canonizado como San Francisco de Borja. Porén, sabemos agora que a famosa frase despois atribuída ao duque, e que deu nome ao célebre poema de Sophia de Mello Breyner titulado "Meditación do Duque de Gandia na morte de Sabela de Portugal", sobre a súa alegada decisión de nunca máis servir a señor mortal algún, foi si pronunciada por San Xoán de Ávila na oración fúnebre da emperatriz que proferiu durante as súas exequias. É aínda no entanto posíbel que S. Xoán de Ávila utilizase nas exequias imperiais a frase do humilde S. Francisco de Borja ao ser obrigado a contemplar descomposta a muller que amara, e que a tradición oral o soubese, ao atribuír a autoría desta a el e non a S. Xoán de Ávila.

Notas

  1. "Isabel (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). 2011. p. 1007. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 26 de xullo do 2016. 

Véxase tamén

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!