SUSE é unha multinacional alemá adicada á venda de produtos empresariais baseados en Linux e desenvolvemento de código aberto e libre. Fundouse en 1992 e foi a primeira compañía en distribuír Linux para o sector empresarial. SUSE é a principal patrocinadora do "proxecto openSUSE", que desenvolve a distribución openSUSE. A compañía é unha empresa subsidiaria da Micro Focus International.
SUSE desenvolve a plataforma "SUSE Linux Enterprise" para emprego en servidores e escritorio. O primeiro lanzamento desta edición comercial foi a plataforma "SUSE Linux Enterprise 10" en 2006.
Servidor
A principal distribución para servidores Linux de SUSE é SUSE Linux Enterprise Server. Está deseñada para grandes organizacións e para ser empregada en ambientes físicos, virtualizados ou con acceso remoto (na "nube"). Todas as versións están preparadas para diferentes arquitecturas de procesadores, como Intel x86, ARM, AMD x86-64, IBM Power, IBM S/390 e a zSeries, ou Intel Itanium. A web de SUSE ten versións de proba das versións SUSE Linux Enterprise Server 11 e 12.
Produtos baseados no servidor
Servidor SUSE Linux Enterprise para aplicacións SAP Applications[2]
Punto de servizo SUSE Linux Enterprise, deseñado para sistemas operativos da industria da distribución e que inclúe versións de Linux específicas de puntos de puntos de acceso e servidores en tenda.
Computación de alto rendemento con SUSE Linux Enterprise,[3] , infraestrutura para supercomputadoras.
Extensión para clusters de alta capacidade con SUSE Linux Enterprise High Availability Extension[4]
Sistema operacional en tempo real con SUSE Linux Enterprise
Edicións especiais do servidor
SUSE Linux Enterprise Server (SLES) ten varias edicións derivadas do produto de servidor e creadas para contextos específicos de colaboradores.
SLES para VMware[5] , que se incluía en VMware vSphere (agora xa non fóra do mercado)
SUSE ten varios produtos para a xestións de software e servizos na nube:
"SUSE OpenStack Cloud", unha plataforma de computación automatizada na nube baseada en OpenStack. Serve para implementar e xestionar "infraestrutura como servizos" en espazos privados en liña.
"SUSE Manager", unha ferramenta de xestión de servidores Linux baseada en Spacewalk. Serve para o empaquetado, parcheado, provisión e monitorización de servidores.
"SUSE Enterprise Storage", unha ferramenta baseada de Ceph para o emprego eficiente e escalable do espazo en servidores e os seus discos duros.
"SUSE Studio"[10], é un servido web gratuíto para construír imaxes que conteñen sistemas operativos coa súa configuración, aplicacións e datos.