STS-132 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis, lanzada o 14 de maio de 2010 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
STS-132, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth Ham, o piloto Dominic A. Antonelli e os especialistas de misión Garrett Reisman, Michael T. Good, Stephen G. Bowen e Piers Sellers.[3][5][6][6][7]
O Atlantis levou o minimódulo de investigación ruso Rassvet, así como subministracións e equipamento diverso. Durante a misión leváronse a cabo tres paseos espaciais nos que se substituíu unha antena de alta velocidade e seis baterías e se engadiu unha plataforma de ferramentas ao brazo robótico Dextre.[3][5][6][6][7]
O Atlantis volveu a terra en Cabo Cañaveral o 26 de maio de 2010.[3][5][6][7]
Notas
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 132" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 25 August 2010 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-57263(E)). 21 de outubro de 2010: 3. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 132" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-132 / ULF-4" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 Mark Wade (2011). "STS-132" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (3 de xuño de 2010). "STS-132" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2021.
Véxase tamén
Outros artigos