STS-128

STS-128
Lanzamento da misión STS-128
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento29 de agosto de 2009, 4:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión13,87 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso12 de setembro de 2009[6]
NSSDC ID2009-045A

STS-128 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 29 de agosto de 2009 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

STS-128, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Rick Sturckow, o piloto Kevin Ford e os especialistas de misión Pat Forrester, José M. Hernández, Danny Olivas, Nicole Stott e Christer Fuglesang.[3][5][6][7]

O Discovery levou ata a estación o Módulo Loxístico Multipropósito (MPLM) Leonardo cargado con case 7 toneladas de subministracións e equipamento científico. A tripulación tamén fixo tres paseos espaciais para substituír un tanque de amoníaco para refrixeración, recoller experimentos expostos no exterior do módulo laboratorio Columbus e preparar a estación para a visita do seguinte transbordador.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 12 de setembro de 2009.[3][5][6]

Notas

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 128" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 7 December 2009 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-51490(E)). 3 de marzo de 2010: 4. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 128" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-128 / ISS 17A" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-128" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (9 de agosto de 2009). "STS-128" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!