O río Moy (en irlandésAbhainn na Muaidhe) é un río de Irlanda. Nace nas montañas Ox, no condado de Sligo e ten unha lonxitude aproximada de 110 quilómetros. Despois flúe a través do condado de Mayo e desemboca no océano Atlántico preto da localidade de Ballina. Estaba considerado como un dos mellores ríos para a pesca de salmón de toda Europa, porén, hoxe en día as súas poboacións están en declive.