Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Carregal.
Esquema do río e do paseo fluvial
|
|
O río Carregal[1] ou río do Carregal[2] é un curso fluvial galego, afluente do río Deo, que discorre polo concello de Curtis.
Toponimia
O topónimo Carregal é un fitónimo que fai referencia, tanto en galego como en portugués,[3] a un terreo pantanoso no cal abunda a «cárrega» ou «carrega», planta gramínea tamén denominada carriza[4][5] que nace nese tipo de lugares húmidos ou brañas. Procede do latín Carex (de raíz *Carric) co sufixo derivativo -ale[6].
Percorrido
Nace e morre na parroquia e concello de Curtis. O seu nacemento prodúcese a carón da N-634, á altura de Teixeiro, ó se uniren o rego de Abaixo e o rego do Medio.[7] Atravesa en dirección norte a parroquia de Curtis, deixando á marxe esquerda os lugares do distrito de Santaia e á marxe dereita os do distrito de Teixeiro. No seu camiño recibe as augas dalgún regato menor. Preto da Ponte, no límite entre as parroquias de Curtis e Fisteus, forma o río Deo xunto co río Carballido. Mentres que algúns autores consideran que o Carregal é o curso alto do río Deo,[8] outros consideran que é o Carballido.[9]
Unha ruta de sendeirismo chamada Paseo Fluvial do Carregal acompaña parte do curso do río. Conecta co Centro Etnográfico do Río Mandeo, situado en Teixeiro.[10]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas