Rubén García Freije, nado en Trabada en 1990,[1] é un ex xogador de fútbol sala, empresario e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Como xogador de fútbol sala estivo no Burela Pescados Rubén (co que debutou en segunda división), no Svarog FC Teplice de Teplice (República Checa) e no Baku United FC de Londres.[2][3] Ao abandona-lo fútbol sala emprendeu unha actividade empresarial en Trabada, onde posúe o único bar e restaurante e o único supermercado.[4]
Entrou en política en 2015[4] no PSdeG-PSOE e foi concelleiro en Trabada. O 19 de xaneiro de 2024 tomou posesión como alcalde de Trabada,[4][5] despois de que Mayra García, até ese momento alcaldesa, renunciase para se presentar como número tres do PSdeG-PSOE, ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024.[6]
Notas
- ↑ Redacción (20 de xaneiro de 2024). "Emotiva ceremonia, entre lágrimas, de nombramiento de Rubén García como nuevo alcalde de Trabada". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
- ↑ Montes, A.; Fernández, S. (17 de xaneiro de 2024). "Rubén García: de xogar ao fútbol na República Checa a alcalde de Trabada". cadenaser.com/ (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
- ↑ Rolle, Iván (17 de xaneiro de 2024). "Exfutbolista profesional, dueño del único bar y el único súper de Trabada, y ahora su alcalde". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Villapol, Pablo (16 de xaneiro de 2024). "Rubén García toma posesión este viernes como nuevo alcalde de Trabada". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2024.
- ↑ Redacción (19 de xaneiro de 2024). "El socialista Rubén García Freije ya es el nuevo alcalde de Trabada tras una investidura emotiva". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
- ↑ Villapol, Pablo (10 de xaneiro de 2024). "Mayra García desembarca na política galega con enorme "ilusión"". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
Outros artigos