Ruído. Relatos de guerra é un libro de contos do autor Miguel-Anxo Murado, publicado por vez primeira en 1995 pola editorial Galaxia. No ano 2005 publicouse a 5ª edición. Foi traducido ao castelán polo propio autor en 1997[1] e ao inglés en 2015 por Carys Evans-Corrales co título de Soundcheck: Tales from the Balkan Conflict e publicada en Small Stations Press.[2]
Características
Inclúe 13 relatos de temática bélica baseados nas experiencias do propio autor na guerra dos Balcáns entre 1991 e 1994, cando traballou na antiga Iugoslavia como correspondente de guerra. Relata tanto as vivencias vividas canda a outros xornalistas de diversa procedencia, como polos propios balcánicos das diferentes orixes: croatas, bosníacos, hercegovinos, serbios...
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas