Este artigo trata de diferentes tipos de estruturas cefálicas de moitos animais. Para o rostro humano ou cara, véxae Face.
O rostro, do latínrostrum, "bico" (das aves), é unha estrutura presente na cabeza de diferentes grupos de animais, adoptando formas diversas e que, en xeral, recordan a forma do bico das aves.
O seu uso nos diferentes grupos de animais non indica unha relación filoxenética nin embrionaria destes órganos.
Nos crustáceos, o rostro, tamén denominado rostrum, en latín, na bibliografía carcinolóxica, é a extensión anterior do cefalotórax, xeralmente aguzada, que se proxecta máis alá dos ollos.[1]