Pope pasou os anos da guerra debuxando ferramentas para a Rolls Royce en Derby, onde aprendeu as técnicas de fundición e soldadura que despois viría a utilizar nas súas obras. En 1945, estudou escultura co profesor F. E. McWilliam na «Slade School of Fine Art» en Londres. Máis tarde, estudou cerámica con Heber Matthews na «Woolwich Polytechnic».[1]
Nos anos seguintes, Pope desenvolveu numerosos traballos para espazos públicos, igrexas, escolas, hospitais, empresas e traballos encomendados por arquitectos (como Sir Basil Spence). A súa obra é marcada principalmente pola harmonía das formas e a busca da expresión dos ideais humanistas, da paz e reflexión.[1]