Tiña en 2011 unha poboación de 369 habitantes, agrupados nos núcleos de Romanyà, Sant Miquel d'Aro e a urbanización de Vall Repòs. Foi unha das catro parroquias que se segregaron en 1858 do concello de Castell d'Aro para formar o de Santa Cristina d'Aro.
En 1972 a escritora Mercè Rodoreda instalouse nun dos novos chalés da urbanización. Alí acabou algunhas das súas novelas, como Mirall trencat.